domingo, 13 de febrero de 2011

Tema III . A xénese do ser humano

A XÉNESE DO SER HUMANO

Este tema vai a tratar de dar resposta a pregunta de ¿Cómo é o ser humano?.
Se tratamos de contestala dámonos conta primeiramente de que somos uns animais con unha característica única, a racionalidade. Polo tanto falar do ser humano leva implícito ter que explicar de onde lle ven ese rasgo único e diferenciador.
O segundo que podemos observar en nos é a nosa dependencia cultural . A cultura humanízanos, adquirindo grazas a ela uns rasgos característicos que nos alonxan de unhas condicións de vida puramente animais.
O terceiro que observaríamos sería a temporalidade como rasgo característico. A vida e a morte condicionan tódolos feitos humano . A memoria sería o fío que nos une co pasado e a imaxinación pode a súa vez esbozar o futuro. Todo elo confórmanos nunha natureza temporal e histórica.
Poderíamos concluír dicindo que o ser humano está conformado por unha triple natureza:
-          Unha natureza de animal racional
-          Unha natureza cultural
-          Unha natureza temporal e histórica.


1.-O SER HUMANO COMO ANIMAL RACIONAL

  Unha das cuestións que se plantexou o ser humano ,foi saber   de onde viña , onde estaban as orixes das súas características específicas .
  Respostar a esta cuestión converteuse nun dos retos do saber. A teoría que se consolidou como posible durante moitos séculos , sobre todo porque contaba co respaldo da igrexa o os seus textos sagrados , foi a coñecida como o fixismo.
 O FIXISMO: é a teoría que considera que todas as especies foron creadas por Deus ,e a partir dese momento se deselvonve cada unha delas de xeito independente e  inalterable. Os grandes defensores desta teoría son por unha parte a igrexa católica con unha explicación acientífica baseándose no contido dos textos sagrados (criterio de autoridade), e por outra, a nivel científico esta teoría foi defendida polo destacado naturalista francés George Cuvier, este explicaba a desaparición das especies baseándose en catástrofes naturais e non en evolución.
  O EVOLUCIONISMO: o lado do fixismo conviven, con unha sorte desigual ,  tamén as teorías evolucionistas. Estas consideran que o universo e a vida en tódalas as súas manifestacións son un produto do desenvolvemento natural. As diversas especies son resultados de cambios e adaptacións sufridas o longo dos tempos.
 O empuxe definitivo do evolucionismo aparece no ano 1859, cando Darwin publica a súa obra “Sobre a orixe das especies a través da selección natural”. É neste momento cando xorde unha explicación nova acerca da orixe do ser humano que se coñecera co nome de evolucionismo, esta aporta probas suficientes para desterrar as ideas fixista que existían acerca da orixe das especies
  As teorías evolucionistas que tiveron mais repercusión foron as seguintes
a.- O LAMARQUISMO: é a primeira teoría seria acerca da explicación da evolución biolóxica . Foi proposta por Jean-Baptiste de Monet, cabaleiro de Lamarck.
 Defende basicamente:
-          Dáse unha progresión gradual dende uns organismos mais simples a outros mais complexos.
-          O mecanismo polo que se producen os cambios nos organismos é a adaptación o ambiente por medio do uso e desuso de determinados órganos.
-          Canto mais se use un órgano mais se desenvolve e perfecciona de aí a afirmación de “a función crea órgano”.
-          As características así obtidas hérdanse, permitindo unha mellor adaptación as condicións do medio (a pregunta é como). Un ex, típico desta teoría é o das xirafas podería dicirse que teñen o pescozo longo porque foi crecendo durante xeracións para alcanzar mellor as follas mais tenras das árbores . O problema está en explicar como os pais poden transmitir os fillos as capacidades que adquiren en vida grazas o uso. Isto resultou imposible para Lamarck que non pode resolver o problema da evolución.
b.- O DARWINISMO: C. Darwin e A. Russell Wallace están considerados como os descubridores da coñecida como teoría evolucionista das especies . Ambos chegan as mesmas conclusións , aínda que por camiños distintos. Darwin faino despois da súa viaxe o redor do mundo é sobre todo cas súas observacións nas Illas Galápagos e Wallace despois da súa exploración na selva malaia. Presentan as súas conclusións en Londres en 1858  dando forma a unha nova teoría evolutiva na que coinciden plenamente. Os fundamentos serán os seguintes
-          As especies son o resultado de transformacións continuas . Todas proveñen de outras anteriores que foron variando dun xeito gradual.
-          Establecese na natureza unha loita pola supervivencia o haber mais seres que recursos. Dáse un proceso de selección natural.
-          A selección natural convertese no principio explicativo dos cambios que ocorren nas especies. Só sobreviven os que mellor se adaptan o medio.
-          O ser humano e tamén o resultado dun proceso evolutivo. Descende de antigos primates, non do mono como vulgarizaron os detractores das teoría evolucionista para burlarse de Darwin.
c.-O MUTACIONISMO: A partir dos logros de Mendel promóvese unha teoría coñecida como mutacionismo, según a cal o progreso evolutivo ten a súa causa en mutacións xenéticas casuais . No caso de ser adaptativas o medio o individuo transmitirá en herdanza os seus descendentes e no caso contrario desaparecerá espontaneamente o non poder competir pola supervivencia..
  A partir de 1901 Hugo de Viers distingue dous tipos de variacións : as modificacións provocadas por cambios  ambientais , que non se herdan ; e as mutacións que son alteracións que se producen de forma casual e poden servir ou non para a supervivencia.
d.-TEORIA SINTETICA DO NEODARWINISMO: Xorde a raíz da controversia entre defensores da selección natural e os principios xenéticos da mutación.
  Según esta teoría as mutacións explican as variacións casuais dos organismos. A selección natural dirixe o curso da evolución mediante as mutacións espontáneas que se dan nos individuos. Estas mutacións elimínanse  co propio individuo cando son inservibles para a supervivencia , e perpetúanse mediante a herdanza cando serven para unha mellor adaptación o medio e polo tanto para a supervivencia 
  De tódolos xeitos o mecanismo de como se produce a evolución natural non esta aínda claro o que non dubida a comunidade científica e que a evolución das especies e un feito

1-2.-A ORIXE DO SER HUMANO
   Os principais defensores da teoría evolucionista T. Huxley, E. Haeckel e o propio Darwin mantiveron que o ser humano procede de especies antropoides inferiores. Dentro das especies antropoides actuais os mais parecidos o ser humano son a familia dos pónxidos como por ex. Orangután, chimpase ou gorila. Xuntos pertencen a superfamilia dos hominoides ou antropoides. Dos homínidos a especie que sobreviviu evolutivamente foi a nosa : o homo sapiens.
   Aínda non esta claro cal foi o antepasado do homo, encontráronse restos de especies evolutivamente inferiores como: austrolopithecus, homo habilis, homo erectus a partir de diferentes evolucións aparece por un lado o homo neadartheliensis e por outro o homo sapiens , antecesor directo do home actual. De tódolos xeitos cada pouco estanse a encontrar novos achados que amplían en novas ramificacións e divisións. Un bo ex. e o depósito de Atapuerca en Burgos onde apareceron restos do que se denominou como homo antecesor previo o h. Sapiens e neandarthaliensis. O homo sapiens apareceu fai uns 100.000 anos en África e extremo Oriente e sobre uns 40.000 anos en Europa. Era nómade vivía da caza e da pesca, mais adiante faise sedentario cando se  desenvolve a agricultura e a gandería. Fabrica armas e instrumentos como machadas e coitelos, usaba roupa e adornos, enterraba os mortos e deixou testemuña do seus paso con debuxos e pinturas rupestres como as de Altamira ou Lascaux...

1-3.-¿EN QUE NOS DIFERENCIAMOS DOS NOSOS ANTEPASADOS?
  Cos nosos antepasados temos diferenzas moi significativas que poden apreciarse a nivel bioquímico e xenético , anatómico e sobre todo de comportamento.

a.- A nivel bioquímico e xenético a diferenza mais destacada do ser humano co resto das especies e o número de parellas de cromosomas que posúe 23 en total , a diferenza dos grandes monos que posúen 24.

b.- A nivel anatómico
-          Menor tamaño en dentes e mandíbulas
-          Forma da man distinta e moito mais hábil e destra
-          Posición bípede e dereita
-          Maior desenvolvemento cerebral, triplicou o seu tamaño e estrutura cerebral cada vez mais complexa.

c.- A nivel de comportamento:
-          Capacidade de simbolización
-          Capacidade para interpretar e comprender a complexidade do mundo que nos rodea.
-          Capacidade para sentir o corpo, xerar emocións e sentimentos.
-          Capacidade de aprender, e un ser aberto o mundo con un afán de comprendelo,interpretalo e transformalo.
-          Posúe liberdade e libre albedrío
-          Sempre esta aprendendo, polo tanto sempre esta inconcluso.
-          Vive a partir de si mesmo, no sentido de que e capaz de rexer as súas propias accións elaborando ideas e levándonos a practica.
-          Capacidade de imaxinar e razoar.


2.- O SER HUMANO COMO SER CULTURAL

  A hominización vai acompañada da humanización . Mentres a hominización vai parella  a posición erguida, a liberación das mans e o desenvolvemento cerebral. A humanización conleva a aparición da cultura.
  A dimensión cultural esta composta por todo aquilo adquirido culturalmente: técnicas, hábitos, normas ou formas de vida. Constitúe polo tanto toda a  información aprendida socialmente. Os animais son capaces , tamén de un aprendizaxe social pero con diferenzas notábeis . Mentres que a cultura humana transmítese pola linguaxe, a animal transmítese por imitación , polo tanto e necesario o contacto directo , tendo so acceso  o coñecemento que lle proporciona un individuo ou un grupo. En cambio no ser humano a transmisión pode ser a distancia , e un saber acumulado por moitas xeracións , dinámico, variado e dunha gran riqueza cultural.
 Poderiamos resumir dicindo que a cultura humana e un cúmulo de coñecementos adquiridos socialmente e transmitidos mediante a linguaxe

2.-1.-Contidos fundamentais da cultura humana: A característica fundamental da cultura humana reside en ser un conxunto de coñecementos compartidos colectivamente e transmitidos xeración tras xeración  (se algún coñecemento non se transmite desaparece para sempre) . Estes coñecementos deben de adquirirse de maneira individual mediante a aprendizaxe e almacenase no cerebro de cada un .
  Se pretenderamos ordear a información cultural cabria a posibilidade de  facer tres grandes grupos
 a.- Información cultural descritiva neste grupo estarían , por exemplo, os coñecementos científicos. Son explicacións acerca do funcionamento do real , xunto con representacións da realidade. Teñen diferentes graos de certeza.
b.- Información cultural práctica , neste grupo estarían as técnicas que nos permiten modificar o entorno. É un coñecemento basicamente encamiñado a acción.
c.-Información cultural valorativa. Produce en nos sentimentos de atracción ou rexeitamento. Converte o entorno en desexable, repulsivo ou neutro. Proporciónanos normas, prexuízos, principios éticos e políticos. 

2-2.-Dinamismo cultural : A cultura esta basicamente ligada o cambio. O primeiro cambio que sofre a cultura e o cambio de receptor , coñecido como transmisión cultural, esta transmisión prodúcese dunha xeración a outra , de pai a fillo, de mestre a discípulo, seguindo unha traxectoria vertical. Pero noutros casos a transmisión e horizontal , isto ocorre cando un mesmo contido cultural cala en toda unha xeración.
 Por outra parte o contido cultural pode variar, añadindo ou eliminado algo os xa existentes, estamos a falar, entón, da mutación cultural.
 Noutros intres prodúcese a difusión ou contaxio cultural , cando se fan propios contidos alleos , xa sexa voluntariamente  -enculturación- ou por imposición –aculturación- . A perda ou a fragmentación  como por ex, o que pasou co latín que orixinou o nacemento de novas linguas  , da orixe o que se coñece como deriva cultural. E por último temos a selección cultural consciente, racional e voluntaria de determinados coñecementos.

2-3.- A DIVERSIDADE CULTURAL

 Un dos rasgos mais característicos da cultura e a súa variedade e diversidade. Cando nos encontramos con unha cultura distinta a propia podemos adoptar diferentes posturas. As posturas mais usuais podemos calificalas como : etnocentrismo, relativismo cultural e interculturalismo.
ETNOCENTRISMO: Analiza as outras culturas dende a propia, convertendo a esta en patrón e medida para xulgar o resto. A consecuencia inmediata é que se parte da idea de que a nosa cultura é a mellor, valórase o resto das culturas  a partir do grao de parecido que teña ca nosa. A nosa cultura convértese no modelo a imitar .
 O etnocentrismo ten consecuencias graves a hora de valorar a diversidade cultural. Móstrase incapaz de comprender aos que non comparten o seu modo de vida  e da lugar a unha radicalización dos sentimentos de cohesión do propio grupo, que fai os seus membros sentirse superiores os demais . A actitude ante as outras culturas será ou paternalista ou impositiva.
 Socialmente o etnocentrismo pode adoptar distintas actitudes cando trata de manter intactos os trazos dunha cultura ;
-          A xenofobia :  Odio os estranxeiros .
-          O racismo consiste na crenza da superioridade dunhas razas sobre outras co conseguinte desprezo e actitudes violentas hacia certos grupos étnicos.
-          Chauvinismo ou patriotismo fanático.
-          Aporofobia , é a posición mais estendida hoxe en día e consiste nunha aversión ou desprezo o pobre, independentemente da súa condición étnica.

RELATIVISMO CULTURAL O relativismo cultural pretende analizar as diferentes culturas dende os seus propios valores , e non dende unha cultura allea e o mesmo tempo mostrarse tolerante cas diferentes manifestacións culturais . Esta postura que en principio supón un gran avance con respecto o etnocentrismo , orixina problemas de moi difícil solución a hora da convivencia intercultural . O problema mais grave que xera é o impedir que non haxa diálogo entre as culturas , cada unha delas acaba encerrándose nos seus propios valores , cos seguintes riscos:
-          E moi fácil que xorda o racismo : cada cultura ten os seus valores , o mellor para non entrar en conflito é que cada un viva según a súa cultura ...cada un no seu barrio, cada un no seu colexio, cada un ca súa parella...
-          Aparece a segregación racial ,as culturas se soportan, pero ningunha de elas quere entrar en contacto cos outros . Ë o ex. dos xitanos en España, os alxerianos en Francia , é case sempre, é unha actitude típica dos emigrantes de primeira xeración que marchan en grupos a un país.
-          Pode darse tamén unha esaxeración romántica ou utópica da cultura descoñecida , incapacitándonos para facer unha apreciación obxectivada diferencia , e incluso mostrar indiferenza ante a violaci´´on de dereitos fundamentais , esgrimindo argumentos baseados nas practicas culturais.
-          Parálise cultural provocada pola defensa de unha vision estática das cultura. Tradición e enriquecemento cultural non deben de ser opostos . Un pobo debe de avanzar sen esquecer quen é e de onde ven.

INTERCULTURALISMO: Parte do respecto a outras culturas, pero superando as carencias do relativismo cultural. Propón o encontro entre culturas en pe de igualdade e lograr .así, os seguintes obxectivos.
-          Recoñecemento dunha natureza pluralista na nosa sociedade e no noso mundo.
-          Comprender a complexidade da relación entre as diversas culturas
-          Promover o diálogo entre culturas
-          Colaborar na procura de respostas a os problemas mundiais

O interculturalismo recomenda aprender a convivir nun mundo pluralista e entende que a diversidade e unha fonte de riqueza . Oponse a asimilación (imposición dos modelos de comportamento de unha cultura a outra), tamén se opón a separación (consérvanse as identidades culturais , pero non existen relacións positivas entre as culturas) , e por último oponse tamén a marxinación  (non se conserva a identidade, nin existen relacións positivas entre as culturas) .
 
  
3.-O SER HUMANO COMO TEMPORAL E HISTÓRICO

   Ortega e Gasset afirmaba o seguinte : “O home non ten natureza senón historia”. Tanto a cultura como a persoa faise co tempo e o resultado e a historia persoal e social. Todo suceso esta situado nun tempo que dividiremos en presente, pasado e futuro. Todo o presente esta relacionado co pasado e a súa vez condiciona o futuro
3.1.- As concepcións da historia: a historia é un produto humano . Caracterizase pola actuación voluntaria e a toma de conciencia do ser humano nos feitos que leva a cabo.
A concepción da historia ten basicamente dous enfoques
a.- Progresista : herdeira directa das teses do s.XVIII e XIX .Pensan que o acontecer histórico ten unha finalidade , lograr un estado de perfección e emancipación racional. Polo tanto a meta  é  o progreso , xunto con un mundo e unha realidade caracterizada polo logro dunha forma de estado racional e xusta.
b.-Non progresista: Consideran a historia só como unha sucesión temporal de acontecementos , sen continuidade e sen  ningunha finalidade. Co acontecer histórico non se alcanza ningún fin e ningún logro , non nos leva a ningún estado de perfección , é tan só un conxunto sucesivo de etapas diferentes con mellor ou peor fortuna en cada unha delas.
    







No hay comentarios:

Publicar un comentario