TEMA II FILOSOFÍA E CIDADANÍA
O COÑECEMENTO HUMANO
O coñecemento humano xorde co uso que o ser humano fai da súas facultade mais intelectual, a razón. Esta pódese usar de xeitos distintos e destaca sobre todo na súa vertente tanto teórica como práctica .
O uso teórico da razón dáse cando esta se orienta a contemplación do mundo. Trata de establecer un coñecemento do real, de todo o existente. Faino mediante a investigación intelectual , tratando de explicar e comprender a realidade.
O uso práctico dáse pola contra , cando a razón ´e orientada a acción . Aristóteles fala dela coma dunha razón prudencial que reflexiona e delibera acerca de que tipo de accións poden levarnos a felicidade.
O coñecemento é polo tanto unha actividade que ten como obxectivo a aprehensión da realidade dun xeito coherente que nos permita a vez compartilo cos demais.
No coñecemento a súa vez danse dous niveis distintos
- O suxeito que protagoniza a acción do coñecemento. Estamos a falar do plano suxeito
- O obxecto sobre o cal recae a acción de coñecer. A causa do noso desexo de aprehensión. O que a súa vez coñécese como plano obxectivo.
GRAOS DE COÑECEMENTO
Segun Kant dependendo do grao de obxectividade do suxeito danse tres graos de coñecemento
- A opinión: o suxeito considera algo verdadeiro pero non ten a seguridade.
Cando ocorre isto o suxeito a nivel obxectivo non é capaz de mostrar , nin argumentacións suficientemente válidas que xustifiquen a verdade dese coñecemento.
A nivel subxectivo o individuo síntese ,tamén, incapaz de facer afirmacións, conclusións e acaba recurrindo a termos protectores tales como “e a miña idea”, “pénsoo eu”, “e posible”....
- Crenza: Dáse cando alguén está totalmente convencido da verdade pero non pode presentar probas ou argumentacións que sexan aceptados por todos . Trátase dunha verdade subxectiva , non posuímos unha xustificación obxectiva suficiente.
- O saber: é cando unha opinión se pode fundamentar tanto obxectivamente como subxectivamente.
O coñecemento científico
1.- INTRODUCCIÓN
A ciencia é unha conquista tardía da historia da humanidade e consiste na capacidade do ser humano para coñecer a realidade e explicar as razóns e causas que xeran os distintos acontecementos desa realidade. Todo o que é susceptible de coñecemento científico recibe o nome de obxecto de coñecemento. E o modo en que o vamos a investigar será o método do coñecemento. As ciencias caracterízanse polo seu obxecto e método de coñecemento
Tipos de ciencia especialidades método obxecto
Formais Lóxica e Axiomático relacións lóxicas
Matemáticas en estruturas
formais
Naturais Física, Bioloxía. Experimental ou A natureza
Química…….. hipotético dedutivo
Humanas Historia, Economía. Experimental ou O ser humano
Psicoloxía............. hipotético dedutivo
Hermenéutico
As ciencias que imos a analizar en primeiro lugar son as naturais . estas teñen comp obxecto de estudo a natureza o como método o hipotético.dedutivo ou experimental. Para levar a cabo este análise acátanse como punto de partida uns presupostos que podemos clasificar do xeito seguinte:
- Presupostos metafísicos :
a) o coñecemento científico non admite a existencia dunha realidade sobrenatural, no caso de que a houbera sería irrelevante nel porque se considera que todos os fenómenos naturais teñen a súa vez , sáibanse ou non, causas naturais.
b) A natureza está ordenada , de tal xeito de que os fenómenos repítense do mesmo xeito ou moi parecido: as mesmas causas producen idénticos efectos .
- Presupostos gnoseolóxicos:
a) a orde do cosmos pódese coñecer e describir matematicamente.
b) A verdade ou falsidade dunha descrición demostrase mediante a observación e a experimentación
c) Os fenómenos son predicibles . o cumprimento ou non das predicións indícanos cando unha descrición é verdadeira ou falsa.
d) O coñecemento científico é valido para todo o mundo e universal, xa que son froito da observación e experimentación.
- Presupostos éticos:
Considera que a predición científica posibilita un control tecnolóxico que facilite a vida humana e a súa comprensión do cosmos.
2.- OS METODOS DO SABER CIENTÍFICO
1.-O MÉTODO AXIOMÁTICO DAS CIENCIAS FORMAÍS :
As ciencias formais son aquelas que non se refiren a feitos da experiencia , senón
As formas dos razoamentos e as argumentacións . teñen a súa propia coherencia interna , e se desenvolven alleas a experiencia . Son ciencias formais as matemáticas e a lóxica.
Utilizan como proceso de razoamento exclusivo a DEDUCCIÓN ,este consiste en derivar a partir de varias proposicións ou enunciados chamados premisas, outro chamado conclusión que é unha consecuencia lóxica e necesaria das premisas iniciais.
Un sistema axiomático debe de contar cos seguintes elementos:
§ Axiomas, principios fundamentais indemostrables , escóllense pola utilidade , pola fecundidade . un ex, de un axioma sería “o todo e maior que as partes”.
§ Regras de formación e de transformación ,permite elaborar novos enunciados e ampliar o sistema .Ex. as regras de cálculo.
§ Teoremas ,obtéñense deductivamente a partir dos axiomas ou de outros teoremas xa demostrados .Ex. teorema de e Thales, Pitágoras .
Todo sistema axiomático debe cumprir tres requisitos :
a) Consistente, sen contradicións internas
b) Compleción , pódense deducir tódalas proposicións verdadeiras a partir dos seus axiomas
c) Independencia , imposibilidade de deducir algún axioma a partir dos demais.
2.-MÉTODO DAS CIENCIAS NATURAIS
Tradicionalmente o método utilizado polas ciencias empíricas e sobre todo pola Bioloxía foi o INDUCTIVO. Actualmente o método que se utiliza foi o elaborado por galileo e perfeccionado por Newton que consiste nunha mestura de indución e dedución e coñecese co nome de método hipotético-dedutivo.
a.- A INDUCCIÓN , é un tipo de razoamento no que se obtén unha conclusión a partir de casos particulares coñecidos pola experiencia.
A indución pode ser completa -coñecemos todos e cada un dos casos- ou incompleta -resúltanos imposible coñecer tódolos casos. A conclusión da indución incompleta nunca pode ser certa, tan só probable dependendo da cantidade de casos comprobados.
b.- MÉTODO HIPOTÉTICO-DEDUCTIVO , estre método se estrutura en catro niveles diferentes.
a) primeiro parte do se coñece como ENUNCIADOS PROTOCOLARIOS , estes expresan feitos da realidade susceptibles de ser estudados e constatados empiricamente por ex. “Todos os corpos suspendidos no aire caen cunha aceleración constante” ou “todos os anciáns maiores de 80 anos sofren problemas neuronales·.....
b) LEIS : Son enunciados universais que expresan o comportamento regular e invariable dun determinado fenómeno. Toda lei antes de selo foi hipótese ou enunciado non verificado , nin contrastado suficientemente,
c) TEORÍAS: é o conxunto de leis dunha ciencia en particular ou dunha especialidade.
d) PARADIGMA Un paradigma é un conxunto de regras polas que se guía e rexe unha determinada disciplina. Están "regras" asúmense normalmente como "verdades incuestionables" pola súa evidencia. É polo tanto o patrón, modelo ou “mapa” desa ciencia.
Os pasos que deben de darse no coñecemento científico cando se utiliza o método hipotético dedutivo son os seguintes:
- Detectase un problema mediante a observación que non é capaz de resolver o saber do que dispoñemos.
- Elaboramos hipóteses que poidan servir para resolver o problema detectado. Neste apartado a imaxinación xoga un papel fundamental.
- Formulamos a hipótese matematicamente, a contrastamos experimentalmente e deducimos consecuencias .
- As consecuencias poden ser
a) Verificación. Cando a hipótese concorda cos feitos observados , para algúns autores só se trata de unha corroboración e non de unha verificación, xa que non podemos estar totalmente seguros de que esa hipótese continúe sendo certa sempre.
b) Falsación. Refútase cando os feitos non coinciden ca hipótese
- A hipótese unha vez comprobada de xeito reiterativo, acéptase como lei e adquire
validez universal.
3.- O MÉTODO DAS CIENCIAS SOCIAIS
A PROBLEMÁTICA DAS CIENCIAS SOCIAIS
O obxecto de estudo das ciencias é a realidade social , e isto convértese en problemático xa que o propio suxeito convértese en xuíz e parte, sendo moi difícil lograr a obxetividade necesaria que require o coñecemento científico.
Isto fai que as predicións que nas ciencias naturais é posible nas ciencias sociais é moito máis difícil de conseguir é a vez moito mais difícil.
A capacidade de xeneralización tamén é menor , os individuos e os grupos sociais son imprevisibles e non seguen a regularidade que se da nos fenómenos físicos.
Tamén a neutralidade valorativa é imposible , porque a un investigador nada humano lle é alleo.
Ante esta problemática os científicos propoñen dous métodos para as ciencias socias que enfocan o seu estudo dende puntos de vista diferente
!.- O método empírico analítico que pretende aplicar as ciencias sociais unha liña de investigación semellante o método das ciencias naturais , e acadar así unha unidade en todo o saber humano
2.- O método hermenéutico considera que as ciencias sociais son diferentes os naturais e deben de utilizar unha liña de investigación distinta.
Outro dos grandes problemas cos cales se encontran as ciencias sociais consiste en encontrar un sistema que lle permita cuantificar e medir os fenómenos sociais . para este fin se están utilizado dúas técnicas , unha de tipo cuantitativo e outra de tipo cualitativo . Vexámolas:
- Técnicas cuantitativas, consiste no uso de escalas, tests, cuestionarios, móstreos . A disciplina fundamental que utilizan é a estatística. Falla en predición, precisión, seguridade...si o comparamos cos resultados das ciencias naturais. O factor sorpresa xoga un papel fundamental nela a hora de establecer feitos e xeneralidades.
- Técnicas cualitativas entrevistas, grupos focais , grupos nominais, grupos de discusión, historias de vida. Céntranse sobre todo na individualización e non na xeneralización coma o anterior. Busca unha interpretación e explicación dos feitos . Son sobre todo complementarios co anterior , para explicar sobre todo eses factores “sorpresa”
TEORÍAS SOBRE A VERDADE
Antes de mostrar as distintas teorías existentes acerca da verdade faise necesario analizar que se entende por verdade xunto cos criterios que utilizamos para distinguir un coñecemeneto verdadeiro de un falso
ANÁLISE DO TERMO VERDADE: para entender o significado da palabra verdade e interesante mostrar o significado que ten nas tres linguas de maior influenza na nosa cultura, estes significados permitirannos aclarar este concepto.
- En grego “aletheia” e a palabra que a designa , fai referencia o que non está oculto, o que se manifesta. Verdade ven a ser o descubrimento das cousas
- En latín “veritas” e a palabra . Refírese a exactitude ,o rigor ,a veracidade e o contrario do engano e a mentira
- En hebreo”emunah” e significa a confianza , a seguridade de que se cumprirá o que esperamos.
Para nos a palabra verdade recolle estes tres matices , por un parte a verdade desvela algo que descoñecemos, por outra estamos plenamente seguros da súa total certeza e por outra temos plena confianza de que se seguirá cumprindo.
CRITERIOS DE VERDADE : un criterio de verdade so n unha serie de pautas ou características que nos permite distinguir o verdadeiro do falso. Os criterios que se utilizaron e se seguen a utilizar son os seguintes:
- CRITERIO DE AUTORIDADE. Unha afirmación acéptase como verdadeira porque procede de alguen que para nos posúe o sufieviente crédito ou confianza nese campo
- A verdade como adecuación out correspondencia
- A verdade como coherencia
- A verdade como utilidade
- A verdade como consenso
A verdade como adecuación: Aristóteles a define como a capacidade de “dicir do que é que é, e do que non é que non é”.
Neste caso enténdese a verdade como unha adecuación entre o obxecto e o suxeito. Na filosofía medieval definíase como “adecuación entre o entendemento e a cousa”
NA FILOSOFÍA CLÁSICA este modo de entender a verdade pode interpretarse de dous xeitos distintos: o primeiro dende o punto de vista platónico que se pode calificar como realismo esaxerado, ou dende o punto de vista aristotélico que o calificaríamos como realismo.
1.- Plutón entende o coñecemento humano como coñecemento de esencias, as esencias son a verdadeira realidade das cousas, o que as cousas son de verdade. Esta esencia non se encontra nas cousas, senón nas IDEAS as ideas para Platón teñen unha existencia extramental ou trascendental, estas existen independentemente Polo tanto a verdade consiste no grado de adecuación ou de correspondencia que teña o obxecto ca súa idea. Por exemplo cando digo que unha persoa é moi fermosa e porque a persoa acércase moito o idea de beleza, existe entre el e a idea de beleza unha gran correspondencia ou adecuación.
2.- Aristóteles entende a mente humana como un espello que reflicte a realidade . Entende a verdade como un axuste entre imaxe mental e a realidade. O problema acerca da fiabilidade de entender deste xeito a verdade, dependerá de se as facultades nas que se basea son ou non fiables ; de se os sentidos captan a realidade tal e como é ou nos enganan, e de se a intelixencia capta a realidade tal e como é e sen enganarse.Esta é a crítica fundamental que se lle fai os filósofos que interpretan a verdade como adecuación.
A verdade como coherencia: Si algunha persoa nos fai un comentario como “Manolo é un home solteiro , que presume de ter un matrimonio feliz”. Dámonos conta inmediatamente que nela se da unha incoherencia lóxica, porque ataca “o principio de non contradición” ; o cal di que non se pode afirmar e negar a vez unha mesma cousa.
Coherencia lóxica significa pois “non contradición”, e non contradición equivale a que “o contrario non é pensable” como por exemplo a proposición “o triángulo non ten tres lados” ou “o círculo cadrado” ou “a montaña sen val”.
A verdade como utilidade : Os defensores desta teoría utilitaria ou pragmática da verdade foron os norteamericanos J. Dewey e W. James para estes autores o coñecemento obedece sempre , a un interese concreto. O interesante sería que responda ao interese mais valioso para a vida humana, a felicidade. Para eles a verdade pasa de ser un problema gnoseolóxico ou epistemolóxico a ser unha cuestión ética. A verdade establécese pola súa utilidade para a vida plena , a verdade queda convertida así nunha categoría moral –verdadeiro será todo aquilo que sexa útil para lograr a felicidade-
A verdade como consenso : A verdade como consenso é aquela á que se chega , a través do diálogo ,realizado en condicións de liberdade e igualdade, e no que interveñen todos os participantes afectados .
Está teoría orixina inmediatamente dúas interrogantes , a primeira de si é posible o consenso e outra acerca de cómo podemos estar seguros do consensuado. O defensor principal desa teoría é Jürgen Habermas.
Por último poderiamos falar de un tipo de verdade que podemos chamar como cumprimento, é a verdade das relixións proféticas, é a verdade do cumprimento dunha promesa que se dará no futuro, despois da morte . E unha verdade que non precisa do uso das facultades intelectuais (percepción, memoria, imaxinación, pensamento…), senón do sentimento e a vontade unido a unha praxe vital que se adopta libremente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario